Site icon Crónica3.com A Mariña

Batuko Tabanka explicará ó alumnado do CEIP Vista Alegre a exposición fotográfica sobre a cultura caboverdiana

Burela, 29 de novembro de 2014. O Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela en colaboración coa asociación cultural, recreativa e para a integración social Batuko Tabanka, organiza unha actividade conxunta coa exposición fotográfica sobre os aspectos culturais da comunidade caboverdiana da devandita asociación.

As fotografías están exportas no CEIP Vista Alegre e poden ser vistas por todo o alumnado para sensibilizar e dar a coñecer a comunidade caboverdiana. Acompañando a esta actividade, o próximo luns, 1 de decembro, a partir das 12:15 da mañá achegaranse ata o centro educativo membros da asociación para explicar de primeira man a exposición aos alumnos e alumnas do centro.

A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, sinala que “con esta actividade quérese enriquecer tanto a participación das asociacións no tecido cultural e educativo do municipio, como sensibilizar aos máis pequenos do fenómeno migratorio”.

Exit mobile version