Site icon Crónica3.com A Mariña

Bos resultados para IADOVI no XI Trofeo Federación Galega-Xunta de Galicia de Tiro con Arco en Sala

SONY DSC23 de novembro de 2014.- O pasado fin de semana celebrouse en Arteixo (A Coruña) o sábado 22, o XI Trofeo Federación Galega-Xunta de Galicia de Tiro con Arco en Sala para as categorías de Ardilla, Benxamin e Alevin.

Os rapaces do Club de Tiro con Arco IADOVI participaron na modalidade de arco recurvo, categoría Alevín. Beatriz Melo Botelho obtiña a 4º praza, cunha puntuación de 445 sobre 600 de máxima, ademáis bate o seu récord persoal obtido o 11/01/2014 no XV Trofeo Concello de As Pontes. onde o situaba nos 440 puntos. Angel Galante Briones tamén se facia coa 4º praza en cabaleiros, e ó igual que a súa compañeira batía o seu récord persoal obtido tamén no XV Trofeo de As Pontes, pasando dos 495 puntos aos 505 actuais. Fernando Fernández Romero (Nano) non quedaba atrás e ó igual que os seus compañeiros bate tamén a súa marca obtida no mesmo lugar pasando dos 438 aos 452 puntos que lle valeron para ocupar a praza 12 do Torneo.

O domingo celebrábase na mesma localidade o XVIII Trofeo Federación Galega-Xunta de Galicia de tiro con arco en sala para as categorías de cadetes, junior, senior e veterano. Os representantes de IADOVI foron, como no podía ser doutro xeito, na categoría cadete; Gabriel Galante Briones, que aínda que nesta ocasión non estivo fino fíxose coa 2ª praza con 522 puntos. Francisco Melo Botelho quedaba 4º con 367 puntos e Ivan Cendan Lindín 7º con 266 puntos.

Na categoría senior Ana María Briones Montes facíase coa 5ª praza tras acadar os 482 puntos. E José Manuel Garcia Cordido “O Campaneiro” situábase 26º con 419 puntos.

Exit mobile version