Site icon Crónica3.com A Mariña

Cadetes da Escola de Ximnasia Porta Norte participan no Campionato de España Base de Conxuntos

20141019_143342Burela, 20-11-14.- Esta semana as ximnastas dos equipos Cadetes da Escola de Ximnasia Porta Norte participan en Castellón de la Plana no Campionato de España Base de Conxuntos (20-23 de novembro).

Dende a Escola de Ximnasia Porta Norte participan dous equipos da Categoría Cadete, con rapazas de Ribadeo, Burela e Viveiro. A Escola Municipal de Xove participará tamén cun conxunto da Categoría Senior, quedando a Mariña Lucense representada por tres equipos no Campionato de España.

Euskalgym
A pasada fin de semana Porta Norte preparou o Campionato de España participando no Torneo Nacional Euskalgym en Vitoria, de gran importacia a nivel Nacional e Internacional. As ximnastas realizaron unhas excelentes actuacións que as levaron na táboa da clasificación aos posotos 37 e 39.

Exit mobile version