Os relatorios terán lugar na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, na praza maior e darán comezo ás 20.30 horas. Nos seguintes xoves do mes de novembro intervirán tamén: a cantautora Mª Xosé Silvar, SES; o escritor Lois Diéguez e pechará estas xornadas o museólogo e escritor Felipe Senén.
Carlos Callón, (Ribeira, 1978). Escritor, profesor e activista
Profesor de Lingua e Literatura Galega en secundaria e pesquisador sobre sociolingüística e literatura, materias sobre as cales é un prolífico conferencista.
Entre os varios libros que publicou salientan os títulos Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros ), Amigos e sodomitas (2011, premio Vicente Risco e premio Fervenzas Literarias) e Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012).
É presidente de Honra da Mesa pola Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza), entidade que presidiu entre 2002 e 2014.