Site icon Crónica3.com A Mariña

Cambio de líder na Liga de Bolos de Xove

tirada-vilachaNovo líder na categoría Sénior Masculina da Liga de Bolos de Xove tras a tirada de Vilachá. Rafael González perde o liderato -ó non participar nesta tirada- a favor de Arturo Vigo, que con 2 victorias e 2 segundos postos encabeza a clasificación con 47 puntos. Rafael González pasa á segunda posición que agora comparte con Sócrates Campo, ambos con 43 puntos. Francisco Pérez con 40 e Moisés Rodríguez con 39 puntos, mantéñense á expectativa. A este grupo súmase o vixente campión Álex Meitín con 35 puntos grazas a victoria obtida nesta tirada. Polo tanto, moita igualdade no grupo e cabeza. Hai anos que non está tan reñida a clasificación, polo que auguramos unhas próximas tiradas moi competitivas. Os favoritos están a xogar a un altísimo nivel, con poucos fallos.

Liga Sénior Feminina
Grazas á súa victoria, Belén Meitín accede á segunda posición da táboa en detrimento de Salomé Cardoso; de todas formas, xornada positiva para ambas xa que consiguen recortarlle puntos á líder, que unha semana máis é Carmen Roca, agora con 32 puntos, con 3 e 4 puntos de vantaxe con respecto ás súas inmediatas perseguidoras. Este triunvirato está abrindo unha brecha moi importante co resto das participantes, onde o que se augura é que posto acadará cada unha das tres ao final. Se vemos o tanteo obtido nesta tirada de Vilachá polas 3 primeiras (Carmen, Salomé e Belén) con respecto ao resto das participantes, observamos que hai todo un abismo; Carmen que quedou terceira con 246 tantos, sacoulle 105 tantos á cuarta clasificada. Agora mesmo as tres están a xogar a un nivel superior ao resto.

Liga Sub 16
Nesta Liga non hai cambios significativos. O máximo interés está en cantos tantos lle vai a sacar o líder Daniel Alonso ao resto dos competidores. Nesta tirada de Vilachá Miguel López cáseque consigue sorprender ao líder, pero fallou ao final, xa que puido a presión con él, encolléndoselle o brazo nas boladas decisivas. Gustaríanos moito que Miguel se recuperara xa que pensamos que non está a dar todo o que pode, xogando neste intre a un nivel inferior aos das súas capacidades reais.
Coma noutros deportes, o entrenamento tamén é importante nos bolos; neste sentido, agora sabemos que Daniel López estivo realizando entrenamentos intensivos durante este pasado verán co seu avó José López “o catalán”, un gran xogador xa retirado e que agora está a apoiar ao seu neto. Estas son as cousas que nos enchen de satisfacción, cando vemos que os saberes se transmiten entre xeneracións.

A vindeira tirada deberíase celebrar no campo do Centro Social de MORÁS, ESTE SÁBADO, 22 DE OUTUBRO DE 2014.

CAMPIONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ    (15 NOVEMBRO DE  2014)

 33   INSCRITOS:  17  NA LIGA SENIOR,   8  NA LIGA SUB 16  E  8 NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                   NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO ALEX MEITÍN SERANTES

345

12

SEGUNDO ARTURO VIGO CASABELLA

336

10

TERCEIRO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

328

8

CUARTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

324

7

QUINTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

315

6

SEXTO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

301

5

SÉTIMO LUIS RANCAÑO BOUSO

277

4

OITAVO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

269

3

NOVENO JOSE VIGO LAGE

268

2

DÉCIMO JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO

252

1

MELLOR BOLADA JAVIER GONZÁLEZ PÉREZ

99

1

LIGA SUB 16

PRMEIRO DANIEL ALONSO LÓPEZ

178

6

SEGUNDO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

147

4

TERCEIRO LAURA IGLESIAS MARIÑO

143

3

CUARTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO

129

2

QUINTO LARA RODRÍGUEZ BAÑO

112

1

MELLOR BOLADA LAURA IGLESIAS MARIÑO

60

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO

261

6

SEGUNDO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

251

4

TERCEIRO CARMEN ROCA CORRAL

246

3

CUARTO DOLORES BAÑO FRAGA

141

2

QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO FRAGA

136

1

MELLOR BOLADA BELÉN MEITÍN ROUCO

79

1

Exit mobile version