Site icon Crónica3.com A Mariña

Cancio asegura que “se o alcalde soubera gobernar, os veciños de Foz poderían ter disposto de mellores servizos públicos”

Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro na Corporación Municipal, ante as declaracións realizadas polo Sr Alcalde, que non recoñece a súa incompetencia para gobernar, xoga ó despiste, tentando difamar coa vida profesional de este concelleiro por falta de argumentos, e debido ao seu estado de preocupación e obsesión con Jaime Cancio, esquecese de algo tan elemental como a EDUCACIÓN e a COMPOSTURA E SABER ESTAR.

Se o Concello estivo obrigado a devolución de case 8.000 €, solo se debe a desorganización, incompetencia de este goberno do PP de Foz, pois mentres no programa de SOCORRISMO este Concello devolveu 4.043 €, as nosas praias non tiveron socorristas en setembro, e os que foron contratados para os meses de agosto eran os que menos cobraban da Mariña, e por iso non queren ser contratados en Foz.

Respecto ao argumento de que se unha persoa contratada deixa o seu posto, quero dicirlle que ese posto se pode cubrir ó día seguinte coa persoa que quedou en reserva na lista de selección, pero para todo iso hai que saber gobernar, algo que este Alcalde non sabe.

Por certo si está preocupado pola miña vida profesional, mellor consulte e se informe antes de difamar, e empregar a mentira para calumniar… pois curiosamente non teño ningunha falta ó meu posto de traballo, e se quere saber referencias profesionais pode consultalas no meu Instituto.

Amigos das Viaxes
Respecto á realización das viaxes pola Asociación Amigos das Viaxes, quero clarificarlle que as mesmas SEMPRE se organizan mediante axencia de viaxes, escollendo a que resulta máis vantaxosa para os veciños, que pode que non sexa a dos seus amigos. Oxalá vostede fixera o mesmo coa obras do Concello, que sempre llas concede ós seus amigos e padriños políticos, que son quen o dirixen na sombra.

En resumo, se vostede soubera gobernar, os veciños de Foz poderían ter disposto dos seguintes recursos para mellor funcionamento dos servizos públicos e mesmo algún veciño/a tería a posibilidade de traballar un tempo en eses postos de traballo, aínda que sabemos que a Vostede gústalle máis traballar con empresas privadas.

SERVIZO XARDIÑERÍA…430,10 €
SERVIZO DE MANTEMENTO E LIMPEZA …523,10 €
ATENCION SANITARIA NAS PRAIAS……1.345,16 €
SERVIZO DE SEGURIDADE NO CONCELLO …1.654,29 €
SERVIZO SALVAMENTO DE PRAIAS…..4.043,82 €

Se lle parece, siga dicindo que non ten cartos, e siga devolvendo á Xunta de Galicia parte das subvencións.

Jaime Cancio Rodríguez.

Exit mobile version