Site icon Crónica3.com A Mariña

Cancio presenta unha moción urxente para solicitar “o desprazamento de persoal da Xerencia Territorial do Catastro a explicar a valoración das propiedades nos núcleos rurais do municipio”

O concelleiro da Corporación Municipal de Foz, Jaime Cancio Rodríguez, explica que “por parte da XERENCIA TERRITORIAL Do CATASTRO se está a proceder a valoración colectiva de carácter parcial no noso Concello de propiedades nos núcleos rurais”.

Que polo procedemento exposto estase a facer unha nova valoración catastral dos bens inmobles situados en núcleo de algúns veciños con data de entrada en vigor 1 de xaneiro de 2015.

Que o procedemento de notificación para consulta por vía internet ou no punto do propio Concello, non da resposta as numerosas dubidas plantexadas polos veciños.

Que a nova valoración catastral terá unha repercusión económica para os noso veciños no recibo de IBI do ano 2015, con un aumento en algún caso de máis do 200%.

Que todo este proceso, crea unha clara indefensión dos veciños anta a administración e na maioría dos casos están obrigados a acudir a asesorías e consultas particulares, co conseguinte prexuízo.

Por todo isto presenta unha MOCIÓN URXENTE na insta á Corporación Municipal a instar á DELEGACIÓN DE ECONOMÍA E FACENDA DE LUGO a “desprazar ó noso Concello persoal da XERENCIA TERRITORIAL DO CATASTRO coa finalidade de informar aos veciños/as sobre os seus expedientes así como facilitar o asesoramento e as reclamacións correspondentes”.

Exit mobile version