O próximo 15 de novembro, ás 21.30 horas celebraremos no restaurante Xoíña, non na pizzería, unha cea para conmemorar os 25 anos de vida da asociación A Pomba do Arco. Menú de adulto: Pescada en salsa de primeiro e tenreira asada de segundo, postres caseiros, café e chupito. Todo regado con viños Godello e
Mencía (Joaquín Rebolledo). Menú infantil: pizza, calamares, milanesa, croquetas e tortilla. Refrescos e auga. Posteriormente disfrutaremos das actuacións de Isabel Risco, cun novo espectáculo, e as cancións de Uxía Pedreira. Toda aquela persoa que queira tomar unha copa poderá facelo achegándose á barra do bar e tomala mentres que actúan, estas consumicións non van incluídas no prezo. Prezos: 25 euros os adultos e 10 euros o infantil. As entradas pódense mercar na Pizzería Xoiña, Restaurante Xoiña e na Ferretería Fuentes.