Site icon Crónica3.com A Mariña

Cea anual de Pasada das Cabras

cea-pasadadascabrasO sábado 29 de novembro a asociación Pasada das Cabras celebrou a cea anual despois da asemblea anual na que repasaron as actividades realizadas durante o ano e as propostas para o 2015. A cea foi no Palacio de Cristal onde aproveitaron para facer entrega dos recoñecementos “Cabra Incansable 2014” ás parellas formadas por Sega e Amando e Maribel e Mogo, que realizaron todas as rutas programadas do ano. O segundo posto foi para a parella formada por Angelines e Carlos e a terceira praza ocupárona Mª Carmen e Miguel. Os primeiros recibiron unha figura institucional elaborada pola Asociación de Enfermos Mentais A Mariña e, os demais, o correspondente diplima. Tamén asistieron á cea unha representación da directiva de “Terras de Lourenzá” coa que manteñen un estreito vínculo. Para finalizar contaron coa música do incombustible Juan de Ferreira.

Exit mobile version