As bases do concurso xa están dispoñibles na Casa da Cultura. En canto ao programa de actividades do día 22, o concurso comezará ás 17 horas coa recepción das sobremesas na sala de exposicións. A cada postre asignaráselle un número para garantir o anonimato e un xurado encargarase de degustar e valorar cada prato. Ás 18 horas farase pública a decisión do xurado e farase entrega dos premios. Ao remate ofrecerase un magosto popular.
Ademais, durante a xornada tamén se coñecerán os gañadores do III Concurso de debuxo infantil “A Castaña”, no que poden participar nenos e nenas de 3 a 12 anos. Para iso teñen que presentar un debuxo coa castaña como temática principal, con técnica libre, e sobre papel ou cartolina en tamaño máximo DIN A4. O prazo permanece aberto ata o 21 de novembro e os traballos terán que entregarse na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.
A edil de Cultura, Begoña Alonso, explicou que estas actividades póñense en marcha co obxectivo de “exaltar este producto gallego y de temporada, y también poner en valor sus posibilidades culinarias”. Alonso destaca que con este certame “queremos potenciar la originalidad a la hora de preparar las castañas y, al mismo tiempo, compartir esas nuevas recetas con los demás para sacar el máximo partido a este fruto de otoño”.