
Alfoz, 23 de novembro de 2014.- Con motivo da celebración do Día Contra a Violencia de Xénero o vindeiro martes 25, en Alfoz organizouse un acto para o sábado 22 na Casa da Cultura. Dito acto consistiu nunha charla de Cristina Cayón, Psicóloga do CIM (Centro de Información da Muller) de Burela, na que analizou os principais perigos das redes sociais, móbiles, etc. entre a xente nova, como vehículos de violencia de xénero.