Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla de “introducción ó coaching” en Mañón

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Vicedo e a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Mañón organizan a charla “INTRODUCCIÓN AO COACHING” este sábado 29 de novembro ás 17.00 horas na Casa do Concello de Mañón, xunto coa Rede Galega de dinamización Xuvenil da Xunta de Galicia.

Trátase dunha charla participativa onde técnicos da Xunta de Galicia falarán sobre os seguintes puntos:

-Librándonos do pensamento negativo

-As limitacións persoais.

-¿Pódense cambiar as cousas?

-O camiño cara ao éxito

-Coeficiente de optimismo

A charla ten unha duración de hora e media e os menores de 30 anos obterán un certificado que acreditará a asistencia á mesma.

Exit mobile version