Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre a autonomía dos nenos no Cenima de Foz

O sábado 22 de novembro a FAPACEL en colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo e o centro Crea dará unha charla no CENIMA de Foz a partir das 11.00 horas, titulada TAREFAS ESCOLARES: APRENDENDO A SER AUTÓNOMO. Charla impartida por psicopedagogas do centro Crea de Lugo. Esta charla vai tratar de avaliar a autonomía dos nenos a hora de enfrontarse as tarefas escolares. E despois tratarase de solventar as dubidas das nais e pais en canto a como, onde e cando se deben realizar as tarefas escolares. A importancia que ten conseguir que os nenos teñan un hábito de estudo, e conseguir que sexan autónomos á hora de planificar as súas tarefas. Será unha charla aberta a todo aquel que queira asistir.

Exit mobile version