Site icon Crónica3.com A Mariña

Chegan o Black Friday e as xornadas gastronómicas ‘Asturias en Ribadeo’ do 28 ó 30 de novembro en Ribadeo

Ribadeo, 26 de novembro de 2014. Co obxectivo de animar as compras de face ás próximas festas do Nadal chega a Ribadeo a nova campaña organizada por Acisa. Black Friday desenvolverase do 28 ao 30 de novembro no comercio ribadense asociado, que ofrecerá promocións e descontos importantes aos seus clientes. Desde a directiva de Acisa indican que “desta forma queremos animar a ribadenses e visitantes a aproveitar estes tres días para facer con tranquilidade algunhas compras, a adquirir algúns agasallos, de cara ao Nadal que se aveciña. Durante estas xornadas nas tendas atoparán diversidade de propostas moi interesantes”.

Ademais durante as mesmas datas, do 28 ao 30 de novembro, celebraranse as xornadas da gastronomía asturiana “Asturias en Ribadeo”. “Os locais participantes ofrecerán menús, tapas e racións cos mellores sabores da cociña astur. Será un bo momento para degustar moitos pratos da tempada outono-inverno: potaxes, fabas, cachopos, frixuelos, etc, etc”, sinalan desde Acisa, que anima “a achegarse a Ribadeo estes días a gozar por partida dobre: do noso comercio que é un referente e da exquisita gastronomía da veciña Asturias, feita en Ribadeo. Esta é unha boa ocasión para pasar un fin de semana en grao sumo agradable nesta bela localidade”.

Exit mobile version