Site icon Crónica3.com A Mariña

Condea e rexeitamento da violencia en Foz

25n-subdelegadoO subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, sumouse este martes ó acto organizado polo Concello de Foz con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Neste acto, o alcalde do municipio, Javier Jorge Castiñeira, leu un manifesto de condea e rexeitamento hacia calquera manifestación de violencia, en especial da que se exerce sobre as mulleres (adxúntase texto) e a continuación os presentes gardaron un minuto de silencio en lembranza de todas as vítimas de violencia machista. No que vai de ano, son 45 as mulleres falecidas a mans das súas parellas ou exparellas en España; 6 delas en Galicia, e 2 en Lugo (unha no concello de Foz e outra no de Cervo).

Exit mobile version