Seguindo a colaboración entre Os Aventados e o Concello de Cervo, a Casa da Cultura de San Cibrao acollerá a conferencia da responsalbe do Museo Histórico de Sargadelos, Elisa Pérez Vázquez, sobre unha conferencia sobre o “puerto de las Reales Fábricas de Sargadelos” dentro do ciclo “Galegos e Mariñáns” este sábado 8 de novembro ás 12.30 horas. E ás 20.00 horas o quinteto de música pop “Vapor de Arte” ofrecerá un concerto.