Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúan en Viveiro as Xornadas sobre Lingua e Cultura con Lois Diéguez

lois-dieguezNa terceira sesión das Xornadas sobre Lingua e Cultura que se están a celebrar en Viveiro organizadas polo colectivo Pensamento e sementeira intervirá o poeta e narrador Lois Diéguez Vázquez que falará sobre o uso da lingua galega desde a perspectiva dun escritor.

O escritor monfortino, colaborador de xornais e revistas, presidente da asociación Lugo-Patrimonio é un activo conferenciante e tamén un inquedo viaxeiro por paises de África, Europa e Asia. Da súa ampla obra literaria destacamos en narrativa, A canción do vagamundo (1986),Monólogos do espello (1993), Viaxe ás terras encantadas de Lemos (1999), A casa de Galiaz(2003), O canto do Muecín (2007), A poutada do oso (2011) ou a última das súas publicaciónsLugo, a cidade dos tesouros encantados.
En poesía Albre de espranza (1996), O ferrro dos días (1982) ou Ónfalos
( 2001).

Lois Diéguez falará este xoves 20 de novembro, ás 20.30 horas na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro. A entrada ao acto é libre até completar o aforo da sala.

Exit mobile version