Quico Cadaval ofrecerá o obradoiro formativo para actores e actrices afeccionadas o sábado 13 e o domingo 14 de decembro na Casa da Xuventude de Mondoñedo. Trátase dunha das accións formativas do proxecto teatral educativo Buxiganga 2014 da Área de Cultura da Deputación,o único que se desenvolverá na Mariña. Hai 20 prazas dispoñibles. Os interesados poden informarse e inscribirse contacto coa Área de Cultura da Deputación no teléfono 982 260 180 / 698 192 745.