Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso sobre ‘Personal Branding e Marca Persoal’ en Burela

curso-burelaVintecinco mulleres participan este mércores no curso sobre Personal Branding e Marca Persoal, que organizaron a Concellería de Muller e Igualdade e o CIM de Burela. A actividade desenvólvese pola mañá e pola tarde na Aula de Familia da Casa da Cultura. O curso conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade dependente de Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e tamén co apoio da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo.
A concelleira de Igualdade, Diana Durán, explicaba hai uns días que “esta actividade está enmarcada dentro das actividades organizadas para conmemorar o 25 de novembro, xornada na que se celebra o día internacional contra a violencia de xénero. O curso está pensado para facer visibles, aos ollos da propia muller, os valores que cada unha temos, facendo deste xeito da autoestima unha arma importantísima para afrontar as dificultades do día a día. Sempre debemos lembrar que se nos queremos e nos valoramos nosoutras mesmas positivamente, tamén a xente que nos rodea nos valorará”.

Exit mobile version