Site icon Crónica3.com A Mariña

Do Urbanismo

30 países de catro Continentes celebraron o pasado día 8, o declarado pola ONU “Día Mundial do Urbanismo”, creado en 1949. O diccionario da R.A,E. define o Urbanismo como “conxunto de coñecementos referidos ó estudo e progreso dos pobos en orde ás necesidades da vida urbana”. O diseño das cidades e vilas nos que impere a racionalidade, o respeto ó medio natural e á harmonía cós elementos culturais, históricos e paisaxísticos, contribuen en boa medida ó benestar; son garantes dunha vida mellor.

No informe da Sociedade de Urbanistas de certo país, pode lerse: “…tamén é cuestionable que as autoridades municipais e rexionais se entregaran ó albedrío de construir ou remodelar espacios urbáns que, con razón, xeneran as protestas dos cidadáns; eso sen considerar os indicios de corrupción…”. É sabida a trascendencia que para a sociedade ten o urbanismo, que debe concebirse para disfrute dos bens naturais, que son de todos, e que polo mesmo convértense en presa codiciada por unha actividade económico/política que nos últimos 20 anos acadou niveis de escándalo.

Os focegos temos entre mans un tema que esixe unha reflexión serena e racional ; xenerosa, con visión de futuro, dende o maior respecto posible ó medioambiente, evitando ó máximo as agresións ós sentidos: vista, oído, olfato… Daí a pregunta, ¿cal será o futuro da depuradora? Acaba de celebrarse a que debería ser xornada de reflexión sobre asunto tan importante, e que pasou inadvertida, precisamente nunha bisbarra na que a conflictividade urbanística e o “feísmo” acadan niveis de liderago. Sería bó que o Día Mundial do Urbanismo marcara un paso adiante e nalgunha medida iluminara as mentes dos que teñen a responsabilidade de decidir. A insultante, por cheirenta, experiencia vivida pola veciñanza, dende hai unha ducia de anos da súa ubicación en augas da ría, nun alarde de barbarie ecoloxista, que contou co beneplácito e a defensa apoloxística dos manilladores do concello, desditadamente susceptible de repetirse…

Suso Fernández

Exit mobile version