Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous tripulantes mariñáns desaparecidos tralo afundimento de O Safrán en augas francesas

Salvamento Marítimo incorporou o avión Sasemar 112 ás labores de búsqueda dos dous tripulantes de O Safrán desaparecidos -un de Burela e outro de Celeiro- despois do afundimento do pesqueiro a pasada noite do sábado en augas francesas.

O barco con base no porto de Celeiro fundeuse a 35 millas de San Sebastián entre as 22.00 e as 23.00 horas do sábado 29 de novembro. Nese momento eran 6 os tripulantes da embarcación. Deles, 4 foron rescatados por OsMerexos e trasladados ó porto de Santoña (Cantabria).

No dispositivo de búsqueda participan tamén barcos e avións españois e franceses.

Exit mobile version