Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas empresas mariñás presentaron as súas ofertas para acometer as obras de construción do novo faro de Burela

Burela, 22 de novembro de 2014.- Dúas empresas presentaron as súas ofertas para realizar as obras de construción do novo faro de Burela, segundo deu a coñecer o alcalde, José Mª González Barcia. Trátase de dúas empresas mariñanas: Marcor Xove e José Saa.

O rexedor considera que a resolución da adxudicación podería estar rematada na primeira quincena do vindeiro mes de decembro. A construción do novo faro de Burela, que substituirá ao que quedou gravemente danado polos temporais do pasado inverno, suporá un investimento de 399.000 euros.

González Barcia agradece “o apoio e o traballo realizado pola Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao e á ministra de Fomento, Ana Pastor, a súa implicación para que esta obra sexa unha realidade o antes posible”.

O alcalde burelés lembrou que “xa cando se presentou o proxecto en Burela hai unhas semanas fíxose fincapé en que as condicións do mar serán determinantes para levar a cabo esta obra, que estará rematada o vindeiro verán”.

Exit mobile version