Durán Maquinaria Lourenzá lidera a táboa de Primeira Nacional despois de 6 xornadas e tras vencer por 50-63 fronte ó Cafetería – Cervecería La Biblioteca Innobasket.
Con este resultado empata a puntos -11- co Viajes Turyva Grupo Deportivo Bosco, segundo clasificado.
A vindeira xornada reciben ó San Isidro, terceiras con 10 puntos e un partido menos. O partido disputarase o domingo 23 ás a partir das 18.30 horas.