24 de novembro de 2014.- O selo toledano lastura vén de sacar do prelo o novo libro de poemas de Alberte Momán, en edición trilingüe (galego, español e italiano), A seiva calcinada/ La savia calcinada/ La linfa calcinata.
A seiva é a esencia, a substancia que alimenta, a ferramenta que constrúe. Este libro de poemas resume algúns aspectos salientables do proceso de combustión demorada, que deturpa os conceptos básicos utilizados na construción da sociedade e contamina a esencia da súa elaboración.