Desde este mes de novembro, as fins de semana en Burela comezan o xoves… Eso é o que pretenden os cinco locais de hostalería que estrenan esta semana os seus “Juernes&Tapas en Burela”: Hotel Nordés, A Parrillada de Jandro, Cervecería Kiko, O Traste e BoasMigas.
Unha nova oferta gastronómica que ofrecerá cada xoves dúas novas tapas elaboradas en cada un dos locais participantes ó prezo de 1,50€. Ademais, os clientes que durante os tres “juernes” do mes de novembro proben ó menos unha tapa nos cinco locais poden participar no sorteo dunha visita para dúas persoas ás Bodegas e Museo da Cultura do Viño de Dinastía Vivanco en Briones (La Rioja).
– HOTEL NORDÉS (Brocheta de tempura de pulpo e trigueros e Carrillera ibérica guisada con pataca panadera)
– A PARRILLADA DE JANDRO (Navallas ó ajillo; Escalopines en salsa de mozzarella fresca).
– CERVECERÍA KIKO (Arlequín de verduras e pescado; Bocata de lomo fruta e queixo).
– O TRASTE (Alteza de calabacín, york e queixo; Brocheta de solombo con verduras e bacon).
– BOASMIGAS (Calzone de gulas e gambas; Burguerciña leonesa).