Site icon Crónica3.com A Mariña

Enchufados ao mundo

O poeta dixo aquelo de “Os españois valemos moito, os nosos gobernantes moi pouco”. A proba é contundente, malia padecer guerras, posguerras, ditaduras, crises, golpes e ataques á democracia, malia que quen eliximos para defender os nosos intereses nos despluman e bótannos das nosas casas para dar para comer aos macroexpoliadores e chourizos amigos, a pesar do desvalixamento material, intelectual, cultural e vital ao que nos somete tradicionalmente a dereita máis cruel, nós, os veciños e veciñas deste estado, 7/levantámonos unha e outra vez, con enxeño e pacencia, transixindo, talvez demasiado, moitísimo traballo e fe nas nosas propias forzas, e ata renacemos.

E a pregunta é Ímonos ou quedamonos?. Pero A onde? Xa non queda lugar no planeta ao que non alcance a amentada globalización, o efecto bolboreta, si os tumultos de Brasil afúndennos o IBEX Que nos queda? ? Agarrarnos fortemente, vixiar a liña de flotación e durmir co salvavidas. Xa non estamos seguros nin na aldea onde só chegan escaseza e limitacións. Os tentáculos do famosete “liberalismo económico” póñennos nas fauces da inxeniería financeira, experta en camiñar polas trampas da lei para sisarnos impunemente.

Estes gobernantes que nos toca sufrir no presente gobernan para o Partido, non se diferencian en nada dos bolcheviques ou dos autócratas de calquera signo. “O pobo quería xustiza e paz e os cabecillas buscaban ocupar o sillón do zar”. Así é e así será. Peor que na Ilustración: “Todo para o pobo, pero sen o pobo”. Agora o eslogan é “O pobo ao servizo do ideario”, si non queres caldo, dúas cuncas.

E mentres loitamos o noso día a día, cáennos as bágoas de impotencia ante as millonarias cifras do entramado corrupto gobernamental, dannos ganas de vomitar vendo como salvaxemente as forzas de seguridade ao servizo dos bancos arrincan ás familias dos seus fogares mentres conselleiros e administradores preparáronnos un buraco que se corenta mil millóns de euros, dise ben e axiña, a pagar cos nosos sacrificios. E amigo e sufrido lector,nas próximas eleccións non esquezas de votar pero ante, pòr unha puñetera vez pensa un pouco no futuro teu e dos de o lado.

Otero Regal.

Exit mobile version