Site icon Crónica3.com A Mariña

Estúa pídelle a Guillén que “mire no seu propio grupo onde sobran exemplos de travestiso político votando unha cousa en Cervo e a contraria en Compostela”

Cervo, 14 de novembro de 2014. O portavoz municipal do BNG agradeceulle ao concelleiro de deportes a concesión da acta de deputado provincial que de momento non ten, e convidouno a ocuparse dos problemas de Cervo e non doutros que lle quedan algo lonxe. Neste sentido, Estúa pediulle ao concelleiro que traballe por buscar solucións aos problemas do concello, a empezar pola recuperación da praza médica perdida que o seu grupo apoiou demandar aquí e o seu compañeiro de goberno e parlamentario, José Manuel Balseiro, rexeitou na cadeira do parlamento.

O portavoz nacionalista pediulle a Guillén que goberne a súa casa e non as alleas que non son da súa competencia porque os 351 euros de media que cobra por hora de traballo por asistencias a Xuntas de Goberno, non se corresponden coa conta de resultados presentada ate o momento.

Estúa estima que este concelleiro debera preocuparse mais polos asuntos do concello que si son da súa competencia. Neste sentido sería bo que puxera mais empeño en facer cumprir acordos plenarios de Cervo que quedan en papel mollado como reclamar a praza médica perdida en asistencia primaria ou o dragado do encoro de Rúa, nun caso polos custes en calidade asistencia e noutro porque ten importantes custes económicos para o concello e para a veciñanza.

O portavoz nacionalista lembrou que ambos son acordos plenarios unánimes que o goberno do que forma parte gardou nun caixón e o seu compañeiro de goberno, José Manuel Balseiro, se encargou de tombar cando tocou decidir na cadeira do Parlamento.

Exit mobile version