Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito da V Rei Cintolo con 150 participantes

ruta-rei-cintoloEn Mondoñedo amencía o día gris ameazando choiva. E choveu, pero non foi impedimento para que máis de 150 valientes con ganas de aventura tomaran parte na xa famosa polos seus paisaxes V Ruta Rei Cintolo.

O primeiro en completar os 43 quilómetros e 1.500 metros de desnivel positivo foi Manuel Carrelo Magadan do Club de Vela Castropol Pillabikes cun tempo de 02: 17:00. En segunda posición chegou Javier del Cueto Fernández, do Cangas de Onís Ciclismo Alpaca, cun tempo de 02: 24: 00 e, en terceira, chegaron xuntos despois dun pacto Marcos Vale García, Gabriel Colmenero Álvarez e José Ignacio Méndez Suárez cun tempo de 02: 27: 00.

A primeira fémina en facer o percorrido foi Belén Souto Val cun tempo de 04: 10: 00. O mellor participante local, e que ademais pertence ó club organizador, foi José Antonio González Basanta entrando nunha meritoria novena posición cun tempo de 02: 37: 00.

O trofeo para o máis novo foi para Adrián Vázquez e para o máis veterano, Manuel Escourido. O club máis numeroso foi o Club Ciclista Burela e o máis lonxano, Cangas de Onís Alpaca Prodecor.

Agradecementos
Dende o ED Lourenzá Ciclismo queren aproveitar para “darlle as grazas a todos os patrocinadores e colaboradores da V Ruta BTT Rei Cintolo, grazas ós que podemos levar a cabo esta gran ruta. En primeiro lugar, agradecer ó Concello de Mondoñedo, Concello de Lourenzá, Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo, Protección Civil e a Moto club Enduro de Mondoñedo, a súa colaboración desinteresada”. Así mesmo, agradecen “ós 150 valientes que participachedes e que vos sobrepuxechedes ás inclemencias para facer que a ruta, a pesar de todo, saíra adiante”.

Exit mobile version