Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito de público no acto contra a violencia de xénero organizado por Mujeres en Igualdad Burela

IMG-20141124-WA0017Burela, 24 de novembro de 2014.- Éxito de público no acto contra a violencia de xénero organizado na tarde do luns por Mujeres en Igualdad Burela. Máis de 130 persoas se deron cita no Salón de Conferencias de Burela, para escoitar o que a Secretaria Xeral Nacional de Mujeres en Igualdad, Carmen Funez, tiña que dicir en canto á Estratexia Nacional para a Prevención da Violencia de Xénero. Tamén puideron escoitar o que os mozos tiñan que dicir en canto a Violencia de Xénero, da man de Jasone Lorenzo, que foi a encargada de transmitir unha serie de preguntas ás relatoras en representación dos máis novos.

Raquel Arias, Delegada Territorial da Xunta de Galicia, foi a primeira en contestar a unha das preguntas formuladas, explicando como actúa a administración pública contra a violencia de xénero. A seguinte quenda foi para Ana Pacio, Xefa da Unidade Contra a Violencia de Xénero da Subdelegacion de Goberno en Lugo, que explicou as diferentes medidas de actuación contra a violencia de xénero, dende esta unidade. A última en intervir foi Mary Fraga, Presidenta de Mujeres en Igualdad Burela, que explicou aos asistentes as actuacións que leva a cabo este colectivo para a loita contra a violencia de xénero, e a atención que ofrece esta asociación ás vítimas.

O acto foi pechado por José González Barcia, que destacou o magnífico traballo que realizan para a loita contra a violencia de xénero, tanto Mujeres en Igualdad Burela coma o Centro de Información á Muller deste Concello.

Mujeres en Igualdad Burela realizou o seu primeiro seminario contra a violencia de xénero o pasado mes de marzo, sendo este o segundo dunha serie de seminarios que realizará nun futuro.

Exit mobile version