Site icon Crónica3.com A Mariña

FalaRedes achega a O Vicedo e Viveiro ‘Brinca Vai’

O programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, incorpora unha sexta proposta para pechar a edición de 2014. Trátase de “Brinca vai de aquí a acolá!”, un concerto-obradoiro que chegará a 26 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia nos derradeiros meses do ano, da man do actor e músico Paco Nogueiras.

Nesta ocasión, este sábado 29 de novembro ás 19.30 horas presentará o espectáculo ‘Brinca Vai’ na Casa da Cultura do Vicedo e repetirá o venres 5 de decembro no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a partir das 18.00 horas.

Exit mobile version