Site icon Crónica3.com A Mariña

Felipe Senén pechará as Xornadas sobre Lingua e Cultura de Pensamento e Sementeira

Viveiro, 22 de novembro de 2014.- O vindeiro xoves 27 o arqueólogo e escritor Felipe Senén pechará as Xornadas sobre Lingua e Cultura que se veñen celebrando ao longo deste mes de novembro dentro da programación do colectivo viveirés Pensamento e sementeira.

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago. Entre os anos 1975 e 1996 foi director do Museo Arqueolóxico da Coruña. Desde 1996 é Técnico de Xestión Cultural e Museólogo da Deputación da Coruña. É membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes e do Instituto J. Cornide de Estudios Coruñeses. Tamén pertence ao Instituto Pai Sarmiento de Estudios Galegos e á Comisión de Patrimonio Cultural do Consello da Cultura Galega.

Fundador e presidente de “Amigos dos Museos de Galicia”. Realizou cen proxectos e realizacións para a valoración do patrimonio cultural da provincia da Coruña. É conferenciante sobre temas de arte e etnografía por toda Europa e América. É autor de múltiples publicacións sobre simboloxía, arte e arqueoloxía.

O relatorio de Felipe Senén titulado “Cultura galega: o estado da cuestión” dará comezo ás 20:30 horas, na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior. A entrada é libre até completar o aforo do local.

Exit mobile version