Para manter viva a Cultura Galega, dende a C.M.V.M.C. de Cangas fan “un gran esforzo” e ofertan “unha actividade atractiva para CEIVAR A VOZ”. Trátase dun concerto de MÚSICA GALEGA que se vai a celebrar no CENTRO SOCIAL de Cangas – Foz, o vindeiro domingo 16 de novembro, dentro da programación cultural do mes de novembro, a partir das 19.00 horas con entrada de balde. Entre os cantautores galegos participantes atópanse MIRO CASABELLA, MINI E MERO, PILOCHA E O GAITEIRO RAÚL NUBEIRO.