Site icon Crónica3.com A Mariña

Fomento inicia as reunións para posibles solucións innovadoras contra a néboa na A-8 entre Mondoñedo e Careira

reunions-a8-c3O Ministerio de Fomento iniciou unha rolda de reunións con expertos para o desenvolvemento e aplicación de medidas innovadoras, baseadas na aplicación de novas tecnoloxías, para dar resposta aos problemas de néboa no tramo da A-8 comprendido entre Mondoñedo e Careira.

Así, a Ministra de Fomento reuniuse con representan Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Pontes, quen presentaron unha proposta baseada nun sistema de protección contra a néboa no tramo da A-8 na contorna do alto do O Fiouco.

O sistema presentado, cuxa configuración é dun falso túnel, é un dos posibles a considerar nos traballos que se van realizar para definir o mellor sistema de protección contra a néboa.

Medidas de reforzo da seguridade
O tramo da A-8 entre os P.K. 545+680 e 549+680, aproximadamente, onde se encontra o alto de O Fiouco, é unha zona de abundantes néboas e ventos.

Xa durante a fase de construcción das obras se instalaron sistemas específicos para a néboa (3 km de balizas luminosas tipo LED; 2 pórticos de sinalización variable; unha estación meteorolóxica con
visibilímetro e unha cámara de televisión).

No entanto, a Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, en colaboración coa DXT, está a reforzar as medidas da estrada para mellorar as condicións de visibilidade. Está a dotarse a este tramo da A-8 de todas as medidas contrastadas e eficaces xa utilizadas para estes casos. En concreto, implantáronse as seguintes medidas especiais adicionais:

– Carteis e sinais de reforzo da sinalización de alta reflectancia, de limitación da velocidade a 80 km/h en situación de néboa, con prohibición de adiantamento de vehículos pesados e obrigatoriedade de iluminación nos vehículos en caso de néboa.

– Paneis de mensaxe variable nos enlaces da Xesta e Mondoñedo a efectos de informar sobre as condicións meteorolóxicas, restriccións de tráfico, incidencias e desvíos, no seu caso.

– Visibilímetros e estacións meteorolóxicas adicionais no tramo, que permitirán realizar un estudo meteorolóxico máis exacto.

– Balizas de néboa, colocadas no pavimento e accionadas desde o Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste.

– A implantación de máis cámaras de vixilancia, co fin de reforzar o control na zona.

Novos equipamentos ITS
Adicionalmente, a Dirección Xeral de Tráfico e a Dirección Xeral de Estradas están a traballar xa en novos equipamentos ITS (Sistemas Intelixentes de Transporte) que reforcen, máis si cabe, a seguridade viaria en períodos de intensa néboa na zona. Entre eles:

– A instalación de máis paneis de mensaxe variable na zona que sirvan como recordatorios/avisos de alertas.

– A montaxe de sistemas de detección de tráfico.

– Detectores de vehículos pesados na vía con alerta anticipada ao condutor.

– A instalación de máis paneis de mensaxe variable na zona que sirvan como recordatorios/avisos de alertas.

– A montaxe de sistemas de detección de tráfico.

– Detectores de vehículos pesados na vía con alerta anticipada ao condutor.

Exit mobile version