Site icon Crónica3.com A Mariña

Formación e performance en Ribadeo contra a violencia de xénero

Continuando coas actividades organizadas polo Concello de Ribadeo con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero que se celebra este martes 25 de novembro, despois do Escapárate de Xénero e o itinerario formativo, chega agora unha performance.

O espectáculo terá lugar este martes ás 12.00 horas no Cantón dos Moreno baixo o lema ‘FormándoNOS contra o machismo’. E ás 18.00 horas continúa o itinerario formativo na Sala Sonda Norte da Casa da Xuventude con Branca Nazaré, orientadora do CPI Dr. López Suárez de Friol, que falará sobre ‘Coeducación. Como combater o sexismo desde os centros educatios’.

As actividades organizadas en colaboración co CIM rematarán o sábado 29 de novembro con outra performance a partir das 17.30 horas, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, baixo o nome ‘Non son cifras, son mulleres’.

Exit mobile version