Os veciños que formamos “Foz, Plataforma de Futuro” seguimos traballando unha semana máis para sacar adiante este novo proxecto.
Queremos dar a coñecer, que para que os veciños que queiran achegarse a recibir información da plataforma, ou facer calquera outra xestión, o noso espacio social vai permanecer aberto a todos os vecinos os martes e xoves de 17 a 20 horas.
Tamén queremos dar a coñecer que o vindeiro luns, día 3 de novembro, teremosunha nova xuntanza veciñal no noso espacio social( Rúa Álvaro Cunqueiro 1, entreplanta letra E) ás 20:00 horas, para seguir avanzando cara a conquerir os obxectivos marcados.
Foz, Plataforma de Futuro cinguímonos a unha proposta irrenunciable de participación, e para elo e en resposta a moitas das demandas da veciñanza demos o paso de crear a figura do “SEGUIDOR”. Mediante esta figura queremos dotar ás persoas que respalden a plataforma dos dereitos de estar informado casi instantáneamente das propostas e acordos desta ambiciosa iniciativa da veciñanza focense, ademais de participar nos procesos de decisión mediante as distintas canles das que dispoñemos polo momento (espazo social, web e redes sociais).
Esta figura de “SEGUIDOR” non conleva ningún deber nin gasto asociado. Os datos facilitados terán un tratamento completamente confidencial.
Para facerse SEGUIDOR pode empregarse calquera canle das que dispoñemos, podendo facerse seguidor a través das distintas redes sociais, páxina web, correo electrónico ou ben acercándose en persoa ó espacio social do que dispoñemos.
Foz, Plataforma de Futuro segue dando pasos firmes para ser suxeito dun novo tempo, se o é ou non…tamén o decidiremos entre todos.