Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz, Plataforma de Futuro pide ó Concello o recoñecemento ós profesionais da ciencia e a investigación

Dende “Foz, Plataforma de Futuro”, e ante a difícil tesitura na que se encontra a educación e a cultura no noso país, instamos ao Alcalde de Foz e o seu equipo de Goberno ao recoñecemento institucional aos grandes profesionais da ciencia e a investigación que deixan en tan bo lugar o nome do noso pobo.

Nas últimas datas; confirmouse a gran noticia de que Diego Martínez Santos, recoñecido o pasado ano como mellor físico de partículas xoven de Europa pola Sociedade Europea de Física, poderá por fin regresar a traballar a Galicia cunha beca do Consello Europeo de Investigación (ERC).

Máis aló desta boa nova, sobran exemplos de grandes embaixadores de Foz nesta materia como son Xurxo Mariño, Fernando Gago Rodríguez…

Así mesmo tamén temos outros exemplos como o da escritora Luisa Castro noutro ámbito distinto que tamén podería ser incluída.

O Concello de Foz debe recoñecer e apoiar aos seus homes da ciencia, da cultura ou doutros ámbitos que dignifican e prestixian coa súa labor a nosa sociedade.

Exit mobile version