Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz, Plataforma de Futuro presenta o seu novo espazo web

Foz, 22 de novembro de 2014.- “Foz, Plataforma de Futuro” segue avanzando na posta en marcha da sua estrutura e acaba de presentar o seu novo espazo web:www.fozplataformadefuturo.com

Este novo sitio na rede creado por seguidores da plataforma recibiu o visto bo na última xuntanza veciñal do pasado luns. O seu cometido principal será o de recoller o día a día deste proxecto, así como o de achegar os procesos de participación a calquera dos rincóns do municipio.

Procesos de participación como #obxetivo500,unha recollida de sinaturas co que se busca o refrendo veciñal para que esta iniciativa se faga maior e se sinta lexitimada para sentar as bases, iniciando o deseño dunha nova e moderna alternativa para o pobo de Foz.

Ademais disto, no novo espazo web tamén contamos cun formulario para facerse SEGUIDOR de “Foz, Plataforma de Futuro”. Sen cuotas nen deberes e cun tratamento confidencial dos datos, simplemente se requiren gañas de cambiar as cousas dende a micropolítica da comunidade, da parroquia, da asociación ou da rúa.

Convidamos ao lector a visitarnos nesta nova web e nas redes sociais co fin de mellorarnos coas súas propostas.
Aspiramos ao futuro dunha nova política alonxada das opacas formacións políticas tradicionais rexidas por élites que responden maiormente a intereses alonxados do ben común.

Algo novo está a nacer. Somos ilusión.

Exit mobile version