Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Foz, Plataforma de Futuro’ presentará unha alternativa de ilusión se conta co respaldo de 500 veciñ@s

Os veciños/as que formamos “Foz, Plataforma de Futuro” vimos de celebrar unha xuntanza veciñal na que seguimos sumando ideas para a nosa base programática co fin de ter axustadas todas as aportacións e mailo documento definitivo para a primeira semana de decembro.

Como proposta principal nesta pasada xuntanza temos que destacar a aportación que un grupo de veciños fixo á Plataforma, a cal foi debatida e aprobada por unanimidadee que se basa no seguinte:

“Foz, Plataforma de Futuro” márcase como premisa de concorrencia ás vindeiras eleccións municipais contar co aval de 500 veciños/as.

Este aval consistirá na recollida de firmas,na que o prazo comeza hoxe e finalizará o día 1 de decembro. Se conseguimos cumprir este obxetivo sentirémonos respaldados polos nosos veciños/as para deseñar unha alternativa de ilusión coa que concorrer ásvindeiras eleccións municipais.

A proposta a firmar seráaseguinte:

Dende “Foz, Plataforma de Futuro” a efectos de tomar a decisión de concorrerás próximas eleccións municipais propoñémonos como reto o respaldo de 500 veciños/as.

Esta convalidación da veciñanza consistirá na recollida defirmas que lexitimena concorrencia electoral.

Posteriormente, e se o refrendo da veciñanza é satisfactorio, abrirase un periodo de participación entre os seguidores de “Foz, Plataforma de Futuro” para deseñar unha alternativa de ilusión para Foz.

Seguimos traballando para que Foz sexa un referente da nova política. Unha revolución da dignidade aberta a todo aquel que desexe mellorar o actual estado das cousas.

Somos ilusión!

Exit mobile version