O Colectivo Fraga das Saímas repartirá camisetas (prezo simbólico de 2,5 € para as socias e 3 € para o resto) co slogan da campaña e distribuirá os folletos da campaña “Corta co Machismo” a través das membros da asociación, do seu blog http//mulleresfragadassaimas.blogspot.com e librerías e tendas de Viveiro. Folletos nos que, as persoas que participen nesta campaña de denuncia e concienciación, atoparán no seu interior o crucigrama “Non xogues co machismo” que deberán resolver axudándose de 20 mostras de machismo que aparecen relatadas neste folleto e que no caso de o resolveren correctamente e de seren unha das cinco primeiras persoas que achegan a resolución do mesmo á asociación, ben vía correo electrónico (fragadassaimas@gmail.com), mensaxe privado ao facebook (fragadassaimas..), whastsApp (tfo. 628681118) ou entregándoo persoalmente á presidenta, que dará fé da data e hora de recepción, recibirán gratuitamente unha camiseta da campaña e ademais a gañadora será convidada ao concerto de Lydia Botana (Bolboreta) e a unha cea de confraternidade co colectivo feminino que celebrarán o sábado 20 de decembro.