Site icon Crónica3.com A Mariña

Grandes resultados para o IADOVI de San Cibrao no XII Trofeo Cidade de Narón

Narón acolleu este sábado 8 de novembro o XII Trofeo Cidade de Narón cunha concorrida afluencia de arqueiros que fixeron que as instalacións se quedaran pequenas e que o Iadovi Club de Tiro con Arco acadara varios destacados resultados.

Beatriz Melo Botelho, en alevín feminino e na modalidade de arco recurvo, conseguía a segunda praza cunha puntuación de 427 puntos sobre 600 de máxima tras facer unha competición moi segura de si mesma. Pasando á final disputada con Eva Álvarez González, do Club CELTA de Lugo, onde só gañou un set. Finalmente a representante luguesa fíxose co encontro por 6 a 2.

Na categoría masculina, Fernando Fernández Romeu, reaparecía logo dunha longa ausencia nas competicións logrando unha boa puntuación. Os 429 puntos obtidos colocábano na 5º posición.

Na categoría absoluta de arco recurvo, a representante feminina, Ana María Briones Montes finalizaba 7ª tras finalizar as series clasificatorias cunha puntuación de 459. Nos sets eliminatorios enfrontábase á olímpica Iria Grandán, do Club Arco Narón, a cal fixo valer a súa experiencia, tras empatar o primeiro set, Ana perde cun contundente 7 a 1; o que a sitúa no 6º lugar.

Na categoría masculina os cadetes competiron como séniors. Gabriel Galante Briones situábase 6º tras finalizar as series de clasificación con 549 puntos. Nos sets eliminatorios logra chegar a semifinais onde se enfronta a Jaime Santamaría do Club Lucus Augusti de Lugo nun encontro emocionante onde ambos arqueiros non daban o brazo a torcer, chegando ó empate a sets de 5 a 5 e debendo de disputarse a terceira posición por medio do sistema de flecha de desempate, sendo a máis próxima ao centro da diana a de Gabriel, que consegue así a terceira posición e subir unha vez máis ó podio de gañadores.

Francisco Melo Botelho conseguía a praza 29 con 419 puntos mellorando así o seu récord persoal conseguido o pasado día 25/10/2014 no IX Trofeo Arcobarco celebrado no Barco de Valdeorras (Ourense) onde asinaba unha tablilla de 405 puntos. Ós poucos este arqueiro vai demostrando como o traballo diario vai dando os seus froitos lentamente. O cadete máis recente do club tamén se atreveu a competir como sénior, Iván Cendán Lindín tras realizar 316 puntos situábase no posto 39º.

O noso representante Sénior José Manuel García Cordido, “O Campaneiro”, con 466 puntos situábase no posto 24º, e consegue así superar en tan só un punto, a obtida na súa anterior actuación realizada no IX Trofeo Arcobarco.

Exit mobile version