A Xunta Directiva da Asociación de Veciños ultima detalles para a celebración do magosto o sábado, 15 de novembro. A partir das 19.30 horas, actuación teatral co grupo Ti e máis eu Teatro, de Lugo, que representará “Para que serven os homes?” dentro do programa Buxiganga da Área de Cultura da Deputación de Lugo. E, para rematar, castañas asadas -a 1 euro- e bolos preñados -a 1,50 euros para os socios e 2,5o euros para os non socios-. Os actos terán lugar no local social de Trasbar.