Site icon Crónica3.com A Mariña

iVi maniféstanse “en contra da posible eliminación do cuartel da Garda Civil de Viveiro”

O Concelleiro Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro expón que “ante as noticias saídas en varios medios sobre que por parte da AUGC (asociación unificada de guardias civiles), pensen que deben de quedar como cuarteis principais da Garda Civil na provincia de Lugo, os de Burela, Ribadeo, Sarria e Vilalba, indicando que para a nosa comarca deberían de recolocarse os números, ven o de Burela ou Ribadeo, quedando algún dos postos como meras oficinas administrativas entendemos que para a noso concello iso sería moi perxudiciable.

O destacamento de Viveiro leva perto de oitenta anos servindo e garantindo a seguridade a poboación, non so en Viveiro, senon tamén cubrindo outro concellos limítrofes, como Ourol ou reforzando nas gardas os de O Vicedo ou Xove. Son recentes as obras de remodelación das oficinas e vivendas da casa-cuartel e asi mesmo na actualidade ainda se están realizando nun dos pabellóns, as obras para a instalación definitiva da garda civil do mar.

Na actualidade prestan o seu servicio no destacamento do cuartel da Garda Civil de Viveiro un total de 12 gardas civis, ainda que están dúas prazas máis sen cubrir, co que serían 14 efectivos. Asi mesmo tamén outros destinados na Garda Civil do mar, un total de 18, prestan o seu servizo na cuartel viveirense.

Non queremos ser alarmistas, pero “gato escaldado da agua fría fuxe”, e según se indica, o Subdelegado do Goberno de Lugo xa ten constancia destas pretensións, e entendemos que nese novo mapa de acuertalmentos da Benemérita tería que continuar prestando o seus servizos e así mesmo as tarefas de seguridade ciudadana, xunto co Corpo de Policia Nacional, a Garda Civil en Viveiro. Non podemos nin debemos de olvidar que o noso concello e o que conta con máis poboación de toda a mariña, e o terceiro dos 67 que conforman a provincia de Lugo.

Isto sería de novo outro fascículo máis dos recortes o que nos ten acostumados o goberno de España, dun tempo a esta parte.

Por todo o anteriomente exposto, o grupo municipal de iVi (Independientes de Viveiro) solicita do Pleno da Corporación municipal a aprobación dos seguintes:

ACORDOS
1.- Solicitarlle información a Subdelegación do Goberno en Lugo, sobre a reestruturación dos cuarteis da Garda Civil na provincia e en especial na comarca da mariña lucense.
2.- Rexeitar a posible eliminación da Garda Civil no noso concello.
3.- Dar traslado os concellos limítrofes de O Vicedo, Ourol e Xove, para que se teñen a ben aproben tamén esta demanda e presten o seu opoio, para que o cuartel da Garda Civil en Viveiro continue prestamo o seu servizo a cidadanía.

Exit mobile version