Site icon Crónica3.com A Mariña

Javier Gómez Noya co Praias de Barreiros

noyaO triatleta profesional español mostrou interese polo club de recente creación de Barreiros.

O encontro tivo lugar o mes pasado en Lugo, onde o catro veces campión do Mundo de triatlón e recentemente nomeado Premio Nacional do Deporte recibiu unha homenaxe.

Manolo Cadramón, Xefe Provincial do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, foi o nexo de unión entre o Praias de Barreiros e o triatleta ferrolán. O veciño de Barreiros entregoulle unha camiseta do equipo de atletismo e Gómez Noya tivo o detalle de adicarlla ó clube, ademáis de desexarlles moita sorte e moitos éxitos na súa andadura.

Sen dúbida este xesto do triatleta español servirá para darlle un novo impulso e una nova motivación ó equipo de atletismo, que dende este momento posee un artigo de gran valor nas súas vitrinas trala entrega (que tivo lugar no debut do equipo de fútbol sala) por parte de Manolo Cadramón ó representante do equipo de atletismo.

Actualidade do equipo de atletismo
O conxunto de atletismo non cesa na súa actividade e o pasado 9 de novembro acudiu á II Carreira Contra o Cancro en Ferrol. Onde os tres representantes do clube conseguiron acadar uns fantásticos rexistros nos 5km da proba que contou con máis de 1500 participantes.

Delio Val rematou a proba en 2ª posición, tanto absoluta coma da súa categoría, con un tempo de 16:12 a un ritmo de 3:14 o km, e entrou na meta a só 7 segundos do gañador da proba, Brais Canosa.
Tamén cabe destacar o debut da atleta Romina Reimondo, que na súa estrea nas carreiras logrou rematar no posto 209 da xeral, sendo 15ª no apartado feminino e 5ª na sua categoría con un gran tempo de 22:15 a 4:23 o km.

Iván Labrada foi o terceiro integrante do equipo que disputou a proba de Ferrol que rematou nun tempo de 18:29, logrando unha meritoria 41ª posición, sendo 9º da súa categoría a un ritmo de 3:42.
Estes grandes rexistros únense ós últimos de Diego Carregal e Francisco Seivane no III Trail Concello de Arteixo e no V Trail Club Fluvial de Lugo. Ademáis da participación de Javier Vilar, Javier Torres e Mario Edrosa no Medio Kilómetro Vertical do Monte Comado. Ou a meritoria actuación de Nacho Mosqueira na Maratona do Porto, onde conseguiu rematar a proba nun tempo de 3:42:18 na súa primera marathón.

Grandes resultados os do último mes que non fan máis que confirmar o bo momento que vive o clube de atletismo do Praias de Barreiros.

Exit mobile version