Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Jazz for fun’ o venres en Foz e teatro en Cordido o domingo

Foz, 27 de novembro de 2014. Foz continua coa súa programación de outono este fin de semana e presenta dous novos actos. O primeiro terá lugar mañá, venres, na Casa da Cultura da vila Ás 20.00 horas. Trátase do concerto da banda infantil de jazz For Fun, do Conservatorio de Fingoi (Lugo). Este acto, con entrada gratuíta, forma parte do I Festival de Bandas de Música A Capela, organizado polo Concello focense coa colaboración coa Deputación de Lugo.

A segunda actividade levarase a cabo o domingo, día 30, ás 18:00 horas no local da Asociación de Veciños da parroquia focense de Cordido. Alí, o grupo de teatro Axóuxeres, representará a súa obra Descontrol Hospitalario, dentro do Ciclo de Teatro nas Parroquias organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz.

Exit mobile version