Site icon Crónica3.com A Mariña

Lorena, raíña do aberto das flores de San Miguel

varal-sanmiguelNo pavillón de San Miguel refuxábanse os membros da Asociación O Varal dos caldeirados de auga que nos guindaron enriba dende o alto e seguimos ó noso: xogar a billarda!!

Fermosa xornada protagonizada por as donas! Carmiña, o gran referente feminino do noso deporte voltou canda nos e disfrutou (e nos tamén disfrutamos canda ela) como nunca. Pola súa banda Lorena, do equipo “Cruzados”, fixo caso o refraneiro popular (“no pase noviembre sin que el labrador siembre”) e vaia se somentou. Somentou e recolleu todo a un tempo, palán en ristre, sen presa pero sen pausa, foi dando conta de tódolos contrarios poñendo a guinda da xornada e contra todo prognóstico converteuse na Raíña do Aberto de Flores.

Xornada propicia en varados. Markytos destacou por riba de todos, acadou catro dos trece totales da xornada, que o levan a comandar a clasificación xeral.

Por equipos novamente “Billardeiros Musicais” marcaron o ritmo e collen vantaxe sobre os seus perseguidores. O equipo “Cadaval” perdeu folgos e o terceiro “Carabullo de Teixo” non da atopado o ritmo normal de competición a que nos ten acostumados e xa teñen moi perto os “Troitas Bravas”. Pola súa parte quenes están facendo os deberes son os debutantes na competición “Polka” e “Pena Verde”, que aportan un ar novo a competición.

Lorena pois, foi quen fixo pleno de 10 sobre 10 puntos. Para o segundo e terceiro posto houbo un desempate a tres carreiras entre, Daniel, Franco, Markytos, Muriego e Noé (todos eles con 9 puntos), sendo o bicampión Nacional Markytos quen subiu o segundo caixón. Noé de Troitas Bravas foi terceiro.

Tamén houbo agasallos para as tres primeiras donas, Geni con 8 puntos e Sara con 7, acompañaron a Lorena.

Foi o seleccionador nacional Flores, quen oficiou de xefe de ceremonia enchendo de bicos os campións, subliñadamente as campionas ao tempo que lles facía entrega dos trofeos correspondentes acompañados de bombós para as donas e duns chourizos para os homes.

Parabéns a tódolos palanadores por unha nova e inesquencible xornada de deporte e confraternidade. Billarda Sempre!. Agardamos por vos en Ribadeo no VIII Trofeo do Galo.

As clasificacións logo da cuarta xornada quedan así:
Individual: Markytos 34 p., Daniel e Kiko 33 p., Franco e Noé 31 p.

Equipos: Billardeiros Musicais 133 p., O Cadaval 126 p., e Carabullo de Teixo 104 p.

Varados: Markytos 4, Daniel 3 e once xogadores mais con 1 varado.

A vindeira xornada, en Ribadeo, o 14 decembro.

Exit mobile version