Site icon Crónica3.com A Mariña

“Los amos del mundo” continua o ciclo de documentais da AVV O Tesón sobre concienciación social

ciclo documetais concienciacion 2014_2-page-001Ribadeo, 22 de novembro de 2014.- O pasado venres tivo lugar a primeira proxección do ciclo de documentais, ‘Dinero es deuda’, na Casa do mar de Ribadeo. Desenvolveuse despois un intenso coloquio entre os asistentes sobre a concepción dos cartos e o impacto das finanzas no devir e o estado da sociedade.

Seguindo co ciclo, o próximo venres 28 de novembro terá lugar a proxección de “Los amos del mundo”, documental que versa sobre o control do poder de decisión e a usurpación do mesmo á xente. Como nas outras proxeccións que se farán, o documental será presentado, visualizado e logo, discutido. O acto, de asistencia gratuíta, comezará ás 20:00 no salón de actos doa Casa do Mar.

Ós asistentes pasaráselles un pequeno esquema que servirá de base á presentación e de inicio para a posterior discusión.

En semanas seguintes, disporanse diversas temáticas relacionadas, cos documentais:
12 decembro – Homo tóxicus, ligado á consideración de toxicidade do noso medio máis inmediato
19 decembro – Documental sobre a mina de Corcoesto, poñendo a mira na actual á que se enfrontan os veciños lagos de Salave e o seu entorno.

Para facilitar asistencia e participación, ningún dos documentais previstos chega á hora de duración.

Exit mobile version