Este concerto acústico da cantante do Incio terá lugar no auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo e dará comezo ás 19.00 horas; onde os asistentes poderán coñecer as cancións do seu novo disco, “Quitapenas”. O prezo da entrada é de 5 euros e poderanse adquirir en taquilla.
Esta iniciativa dirixida a recadar diñeiro para a viaxe de fin de curso está a ser organizada pola Asociación As San Lucas de Mondoñedo e pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora.
A organización invita a participar deste concerto co obxecto de que se logre acadar con creces a finalidade desta proposta, que, unha vez máis, evidencia a colaboración social da Asociación As San Lucas coas demandas das organizacións e dos veciños de Mondoñedo.