Site icon Crónica3.com A Mariña

Marrube continuará na Executiva Nacional de Compromiso

21-11-14.- O pasado domingo 16 de novembro tivo lugar en Padrón o I Congreso Nacional de Compromiso que alén de aprobar documento de política municipal, escolleu mediante listas abertas ás e aos membros do novo Consello Político da organización galeguista, formado por 15 homes e 15 mulleres.

Destacar a presenza no novo Consello Político a continuidade de Iván Marrube, concelleiro de Alfoz e tamén membro da nova Executiva Nacional da formación. Según destacou Iván Marrube, “sigo coa ilusión posta de continuar cun traballo activo na construcción dunha ferramenta como Compromiso, tratando de que a cidadanía se implique activamente na política e que a nosa organización sexa útil para as demandas actuais que reclaman os galegos e galegas, o noso traballo está encamiñado a defender as persoas que representamos, non as siglas como un fin en sí mesmo”. Do mesmo xeito, destacou que o traballo a curto prazo está encamiñado de cara ás eleccións municipais, das cales destaca que serán “transcendentais para virar as tornas na política galega e decisivas para o futuro da nosa terra”.

Exit mobile version