Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción de Jaime Cancio sobre o estado da N-642 ó seu paso por Foz

Foz, 23 de novembro de 2014.- Sr. Alcalde.

Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro na Corporación Municipal que Vostede preside.

Que a N642 ao seu paso polo noso Concello, ten GRAVES DIFICIENCIAS, firme de rodadura, acceso peonil a estación de FEVE,tres puntos dos chamados negros ou perigosos, nos que con moita frecuencia se producen accidentes de tráfico.

Que os mencionados puntos negros son:
– Acceso a parroquia de Vilaronte, nas chamadas curvas de Tol ,punto quilométrico 29.
– Cruce coa Cta. Ferreira –Foz LU 152
– Cruce coa Cta. de Cangas –Ferreira LU162
– Así como acceso peonil para acceso a estación de FEVE

Que nos PGE para o ano 2015,segundo fontes do propio partido Popular, está incluída unha partida de mais de un millón de euros para melloras na N642.

Por todo o exposto mediante a seguinte MOCIÓN URXENTE, a Corporación Municipal insta ó MINISTERIO DE FOMENTO para que se realicen proxectos e obras de mellora para garantir a seguridade nos puntos de urxente necesidade expostos anteriormente.

Exit mobile version