Tamén esta tarde foron entregados os premios aos gañadores do VIII Concurso de Microrrelatos e do IV Concurso de Lemas, organizados polo Concello para celebrar o día internacional contra a violencia de xénero. Macarena Ledo e José Díaz foron os gañadores do Concurso de Microrrelatos deste 2014 e José Mª González Pajón, usuario da Fundación Eu Son foi o gañador do Concurso de Lemas. O que el elixiu foi Nacemos para querernos, non para mancarnos. Ademais as mulleres que participaron nos últimos cursos que puxo en marcha o Concello recolleron hoxe os seus diplomas acreditativos. Como remate da tarde, o alcalde, José Mª González Barcia, foi o encargado de dar lectura ao manifesto conmemorativo desta data.
Durante a mañá o Concello distribuíu pegatinas, lazos de cor morada e tamén a publicación realizada cos microrrelatos gañadores do ano 2013. E á entrada do Concello colocouse un libro de sinaturas onde os que o desexaron puideron deixar a súa opinión e as súas verbas contra esta lacra social.